Thursday 16 de May de 2024

Camariñas organiza a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia


Terá lugar do 8 ao 12 de abril e desenvolverase a través da páxina de Facebook da Mostra

O Concello de Camariñas organizará do 8 ao 12 de abril a primeira Mostra
do Encaixe virtual da historia. Unha iniciativa que implicará a todos os
colectivos implicados no funcionamento habitual do evento e que se
desenvolverá a través da páxina de Facebook da Mostra
(@mencaixedecamarinas).
A crise sanitaria xerada pola expansión da COVID-19 fixo que o Concello de
Camariñas tivese que cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas
Deputación da Coruña. Unha decisión inédita para responder a un contexto
nunca visto e que agora ten unha reacción novidosa, adaptándose ás
posibilidades que ofrece a tecnoloxía.
Para o desenvolvemento desta ‘Mostra Virtual’ elaborouse unha
programación por bloques, seguindo unha estrutura similar á que podería
ter o calendario habitual do evento, e que inclúe franxas específicas para
Grandes Deseñadores, Jóvenes Deseñadores, Artencaixe, Pequencaixe,
Xuntanzas Palilleiras, Delegacións Internacionais, Empresas, Artistas,
Voluntarios, Stands e Medios de Comunicación.
O Departamento da Mostra do Encaixe pediulles a todos estes colectivos
que enviasen os seus vídeos presentándose e transmitindo ánimo e forzas
para volver a reencontrarse e afrontar aínda con máis gañas a trinta edición
do evento, que se celebrará no ano 2021.
Os vídeos irán subíndose seguindo a programación deseñada, polo que os
interesados ou interesadas en seguir esta Mostra Virtual xa poden consultar
a que hora conectarse para ver aos Grandes Deseñadores, aos aspirantes
ao concurso de Jóvenes Deseñadores ou para escoitar o son dos palillos nas
mans das palilleiras.

Gabinete de prensa: 618 081 497

Mañá, mércores 8 de abril, será a xornada inaugural e, como tal, correrá a
cargo das institucións. A partir das 16 h. participarán o presidente da
Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa de
Camariñas, Sandra Insua; a directora xeral de Comercio, Sol Abeal; a
xerente do Centro de Artesanía e do Deseño; Elena Fabeiro Castro; o
alcalde de Serra d’El-Rei, Jorge Amador; a vicepresidenta de Peniche, Ana
Rita Petinga; e o alcalde de Novedrate; Serafino Grassi. E despois será a
quenda para o claro protagonista da trinta edición da Mostra, o modelo
internacional Damián Álvarez, natural de Vimianzo, que deixará paso ao
presidente da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME), Modesto
Lomba, para rematar a xornada coa primeira aparicións dos Grandes
Deseñadores.
Sandra Insua explicou que “como xa sabedes foi unha decisión moi dura a
de ter que cancelar a Mostra do Encaixe pero penso que, grazas a esta
iniciativa, farase un pouco máis doado o camiño ata 2021, ano no que
celebraremos a trinta edición, con máis forza ca nunca”.
“A forza da tradición é imparable”, aseverou a Concelleira da Mostra,
Encarna Liñeiro, que agarda que “ a Mostra Virtual teña unha boa acollida”
e tamén agradeceu a participación de todos os colectivos e destacou a
importancia de “sumar forzas e ánimos nos tempos que nos está a tocar
vivir”.